Sanidade baixa de nivel os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos, non quedando ningún municipio en nivel máximo

O nivel alto de restricións aplicará para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios. Despacho do presidente. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 07/09/21.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas entran en vigor desde ás 00:00 horas do sábado, 11 de setembro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Música folk e noite de orquestra en Sober

Seguinte Nova

A Xunta de Galicia emitiu xa máis de 1,8 millóns de certificados Covid para a cidadanía

Últimas noticias sobre SALUD

   
A %d blogueros les gusta esto: