Un repaso á historia gráfica das denominacións de orixe galegas, no Museo do Viño de Galicia

Inauguración da mostra no Museo do Viño de Galicia, situado en Ribadavia. GPXG

• R.- MONFORTE. Ata agosto do vindeiro ano, está aberta no Museo do Viño de Galicia en Ribadavia a exposición «Etiquetas dos viños de Galicia», unha retrospectiva pola historia dos recipientes e elementos físicos vinculados aos viños galegos. Ademais, a mostra recolle a evolución das etiquetas dos viños das cinco denominacións de orixe da comunidade.

CASE 100 BOTELLAS E 70 ETIQUETAS HISTÓRICAS
A mostra está organizada en dúas seccións, a primeira delas adicada aos envases dos viños, mediante a análise de preto dun cento de botellas. Na segunda, a exposición percorre a evolución do deseño das etiquetas das botellas a través de exmplos históricos das cinco denominacións de orixe, cun total de 70 etiquetas.

CON PEZAS CEDIDAS POR PARTICULARES
Xunto aos fondos propios do Museo, a exposición incorpora botellas aportadas por particulares, e tamén por institucións como a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, e outras cedidas pola colección de Viña Costeira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Adxudicada por 83.000 euros a mellora da estrada provincial de Remesar, en Bóveda

Seguinte Nova

Ata o 28 de setembro para matricularse na Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre VITICULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: