Vibrante final en Monforte de Lemos da antepenúltima etapa de La Vuelta Ciclista 2021

Chegada triunfante á meta de Monforte de Lemos do danés Magnus Cort Nielsen, do EF Education-Nippo, que supuxo a súa terceira vitoria en La Vuelta 2021, na etapa que rematouo na cidade do Cabe o venres 3 de setembro. (Foto: MONTERO)
O público apoiou sen reservas aos ciclistas de La Vuelta, na 19ª etapa polos concellos de Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Láncara, O Páramo, Sarria, O Incio e Bóveda, para rematar en Monforte de Lemos. (Foto: MONTERO)
A gran proba ciclista de España é un extraordinario escaparate para a promoción nacional e internacional dos territorios polos que discorre.
Para contribuír á boa marcha da chegada na etapa 19ª de La Vuelta, o Concello de Monforte de Lemos investiu 60.000 euros entre a dotación de servizos e a mellora das infraestruturas. (Foto: MONTERO)
A mascota oficial de La Vuelta 2021, o touro Tei-Tei, saúdou ás autoridades da Corporación local á espera da chegada do pelotón á meta de Monforte de Lemos. (Foto: MONTERO)
Cunchiña, a mascota virtual do Xacobeo, acompañou ao líder de La Vuelta 2021 no seu percorrido cara a Galicia, comunidade na que rematou a gran proba ciclista de España. Con Cunchiña, a Xunta trata de promocionar o turismo galego e o Camiño de Santiago. GPXG
A organización de La Vuelta sempre promove actividades paralelas en cada localidade. En Monforte de Lemos, celebrouse a 10ª edición de La Vuelta Junior. Na imaxe, entrega dos premios aos mellores clasificados. (MONTERO)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Alcaldes do PP piden unha «estratexia nacional» para non perder servizos bancarios nos concellos lucenses

Seguinte Nova

Os equipos de futbol da zona sur arrancan con forza a sua pretemporada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: