A ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL LUÍS NIEVES CONVOCA BOLSAS PARA AXUDAR A QUE MOZOS E MOZAS (ATA 30 ANOS) CON MENOR PODER ADQUISITIVO POIDAN ACCEDER A ESTUDOS MUSICAIS DE CALIDADE

• Redacción – MONFORTE.
O traballo incansable de Rosa Nieves, mantendo viva a memoria do seu fillo, o mozo músico monfortino falecido prematuramente en 2019, na Asociación Cultural Musical que leva o seu nome permitiulle conseguir fondos suficientes para unha nova convocatoria da bolsa Luís Nieves, que contribuirá a cubrir os gastos de estudos musicais a mozos con dificultades económicas. Poderán solicitarse na sede da asociación na rúa Roberto Baamonde 36, ou na Escola de Música Moderna de Monforte. Hai que destacar a gran acollida que esta iniciativa tivo dentro do mundiño musical da provincia. Para mostra un botón, a banda Barbarian Prophecies, doou á asociación a recadación de venda de merchandising de 200€ obtido tras a súa actuación no Club Clavicémbalo. Unha iniciativa admirable, que desexamos teña o apoio que sen dúbida merece.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

MÁIS DE CINCUENTA ACTUACIÓNS E DEZANOVE COMPAÑIAS NUNHA NOVA EDICIÓN DO CIRCUITO DE TEATRO AFECCIONADO

Seguinte Nova

O Concello de Monforte adquire unha parcela no Polígono Industrial do Reboredo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss