• Redacción – MONFORTE.
O traballo incansable de Rosa Nieves, mantendo viva a memoria do seu fillo, o mozo músico monfortino falecido prematuramente en 2019, na Asociación Cultural Musical que leva o seu nome permitiulle conseguir fondos suficientes para unha nova convocatoria da bolsa Luís Nieves, que contribuirá a cubrir os gastos de estudos musicais a mozos con dificultades económicas. Poderán solicitarse na sede da asociación na rúa Roberto Baamonde 36, ou na Escola de Música Moderna de Monforte. Hai que destacar a gran acollida que esta iniciativa tivo dentro do mundiño musical da provincia. Para mostra un botón, a banda Barbarian Prophecies, doou á asociación a recadación de venda de merchandising de 200€ obtido tras a súa actuación no Club Clavicémbalo. Unha iniciativa admirable, que desexamos teña o apoio que sen dúbida merece.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre