• Redacción- MONFORTE. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entregou hoxe os diplomas aos 20 alumnos traballadores que se formaron nos últimos meses no obradoiro de emprego Ricra IV. Tamén estiveron os alcaldes dos concellos promotores: Carlos Armesto, do Saviñao; José Luis Álvarez, de Pantón; e Luis Fernández Guitián, de Sober. Arias explicou que a partir de outubro estará en marcha a quinta edición desta iniciativa, impulsada polos mesmos concellos e financiada pola Consellería de Emprego e Igualdade, que destinou 694.000€ nos dous últimos anos a mellorar os perfís profesionais de persoas desempregadas destes municipios a través dos obradoiros.•