Aberto o prazo para a inscrición nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

R.- MONFORTE. O Concello ven de anunciar que desde o 20 de setembro está aberto o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza.
Todos os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou en horario de tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas, sendo tamén posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace: https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion.

ESPCIALIDADES MUSICAIS OFERTADAS
As especialidades musicais ofertadas son: Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos), Percusión (batería, percusión), Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro), Teclado, Acordeón, Violín, Guitarra española, Guitarra eléctrica, Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón de varas e Tuba. En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

ESPECIALIDADES
EN DANZA
As especialidades ofertadas en danza son:Danza tradicional galega (a partir de 5 anos), Danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos) e Ballet clásico (a partir de 5 anos).
Máis información no teléfono 982 40 38 93.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lugo Románico: o primeiro volume dunha nova guía sobre o Románico na provincia, adicado á Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O DOCUMENTAL “ASOLAGADOS” , DE DAVID VÁZQUEZ, PODERASE VER NA CANLE DE VIMEO DA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN

Últimas noticias sobre AXENDA

Ir aInicio

Don't Miss