Cofinanciación da Xunta e do Concello de Pantón para arranxar os accesos á fonte e ao balneario de Augas Santas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asina co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, un convenio de colaboración en materia urbanística.

• Redacción- MONFORTE. Pantón disporá dun mellor acceso ás infraestruturas turísticas da zona de Augas Santas, logo do convenio asinado en setembro entre o Concello e a Xunta de Galicia.

CONVENIO PARA EXECUTAR UN PROXECTO POR IMPORTE DE PRETO DE 113.000 EUROS
O pasado día 10, o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron un convenio polo que se establecen os termos da colaboración técnica e económica do proxecto de humanización dos accesos ao balneario e á fonte de Augas Santas.
O proxecto ten un custo estimado de 113.000 euros, dos que a Consellería aportará o 70% e o Concello o 30% restante.
Dende Medio Ambiente destacaron que o proxecto está enmarcado no Plan Hurbe, co que a Xunta leva máis de dez anos axudando aos concellos a executar proxectos de creación, mellora ou humanización de equipamentos de uso público e colectivo.

BEIRAVÍA PEONIL, ILUMINACIÓN, SINAIS E PASO DE PEÓNS ELEVADO
En canto aos detalles do proxecto, a Consellería adiantou que se vai construír unha beiravía peonil de acceso ao balneario de Augas Santas que comunique estas instalacións coa praza do mesmo nome, situada a preto de 500 metros e na que se localiza unha fonte. O proxecto inclúe tamén a iluminación do espazo, a reposición de dous sinais de madeira ao inicio e ao final do traxecto, e a colocación dun paso de peóns elevado.

DINAMIZAR AS VILAS GALEGAS E MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DA VECIÑANZA CON ESTE TIPO DE OBRAS
Logo da sinatura do convenio co alcalde de Pantón, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destacou o “compromiso” deste departamento para brindar apoio aos concellos, co fin de promover actuacións deste tipo. Así mesmo, Ángeles Vázquez puxo en valor proxectos como o que se vai executar na parroquia de Augas Santas, no municipio de Pantón, xa que contribúen a dinamizar as vilas de Galicia e melloran a calidade de vida da veciñanza.
MÁIS DE 7,4 MILLÓNS DE EUROS EN 2021 PARA ESTE TIPO DE OBRAS EN GALICIA
A titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda indicou que este ano, os orzamentos da Xunta reservan máis de 7,4 millóns de euros para actuacións deste tipo, que se executan en colaboración cos concellos.

REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN TRIBÁS DENDE O 6 DE SETEMBRO
Dentro das actuacións de mellora dos servizos, cómpre destacar a posta en funcionamento do abastecemento de auga potable na parroquia de Tribás. O Concello de Pantón informou aos interesados que este servizo está dispoñible dende o 6 de setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Inauguran en Monforte a nova Oficina do Peregrino do Camiño de Inverno

Seguinte Nova

Reunión en Quiroga para explicar as medidas da Xunta fronte os danos do gran incendio forestal

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss