Elena Candia reelixida presidenta provincial do PP da provincia de Lugo co 98,21% dos votos

Elena Candia co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo no congreso provincial do PP. GCPP.

• Redacción- MONFORTE. Non houbo sorpresas no 18 congreso do PP da provincia de Lugo e Elena Candia revalidou a presidencia co apoio do 98,21% dos votos dos compromisarios, ao rexistrar 716 votos a favor dos 729 votos emitidos. A presidenta electa asegurou: “O proxecto do PP da provincia de Lugo é un proxecto para chegar lonxe e para iso necesitamos a moita xente; Lugo e a nosa provincia precísannos máis ca nunca; nosa militancia meréceo e os veciños de Lugo necesitan apartar do goberno ao BNG e ao PSOE». Elena Candia resaltou a importancia do Congreso, «non é para falar de nomes, nin de cargos, senón para falar de Lugo, dos problemas do seu tecido produtivo e para intentar propoñer solucións nun momento económico tan complicado». Lamentou que os portavoces do PP teñan que escoitar que cada erro na xestión de alcaldes socialistas ou nacionalistas é culpa da Xunta, “pero non é así e as cifras o demostran”.
En materia de infraestruturas, recordou a aposta da Xunta, co desdobramento do corredor Nadela-Sarria que conta cun investimento de máis de 135 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Cheque Dixital busca facer os negocios máis competitivos a través da transformación tecnolóxica

Seguinte Nova

Esperta Monforte solicita a baixada do Imposto de Bens Inmobles

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: