• Redacción- MONFORTE. O concelleiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez Pérez, considerando que a taxa do IBI aplicada no concello de Monforte do 0,605 e unha das máis altas de Galicia, logo da subida no ano 2014, e debido á pandemia, e considerando o remanente que manexa o Concello que facilirá a acometida de moitísimas obras, Esperta Monforte entende que se podería rebaixar dita taxa mesmo para os próximos anos de recuperación económica, o que axudaría ás familias monfortinas.
Esperta Monforte non dubida na necesidade de inversións no Concello, pero entende que despois das intervencións e proxectos xa levados a cabo polo actual goberno, éstas poderían dar paso a anos dunha menor inversión en asfalto, paques e punto de luz, o que sen dubida permitiría abordar esta rebaixa.De acordo co anteriormente exposto, Esperta Monforte propuxo ao equipo de goberno acordar a baixada do IBI ao 0,505.
Ademáis, Esperta Monforte, pide aclaracións sobre a inundabilidade na urbanización da Zona C e insta ao Goberno Municipal que se poña en contacto coa Federación Galega de Atletismo para que faga un Estudo para a homologación das pistas de A Pinguela.•