Inauguran en Monforte a nova Oficina do Peregrino do Camiño de Inverno

• Redacción- MONFORTE. O Concello de Monforte vén de abrir un novo espazo de atención turística, adicado aos visitantes que percorren o Camiño de Inverno. O pasado 13 de setembro, quedou inaugurada a Oficina do Peregrino nos baixos do antigo Hotel Comercio, un espazo situado na céntrica Praza Doutor Goyanes. A oficina dispón de materiais promocionais expresamente elaborados para este servizo turístico.

ATENDER VISITANTES QUE VEÑEN AO LONGO DE TODO O ANO
No evento de apertura, o alcalde de Monforte, José Tomé, manifestou que a Oficina do Peregrino “contribuirá a desestacionalizar e distribuír ao longo de todo o ano a oferta turística municipal”. O rexedor destacou que os usuarios deste servizo “transitan por esta ruta ao longo de todo o ano, e especialmente fóra dos meses de verán”. A Oficina do Peregrino será, en palabras do alcalde, “un novo espazo turístico que vai contribuír a dar a coñecer a nosa cidade a todas aquelas persoas que nos visiten, que cada vez son máis”.

A COMPOSTELA EN MONFORTE
Os peregrinos que se acheguen a este punto de información poderán recibir a Compostela selada por un prezo de dous euros, xa que dende Monforte de Lemos percórrense os quilómetros necesarios para a súa obtención.
O espazo está distribuído en dúas zonas. Á entrada, sitúase o posto de atención con mostrador, equipo informático, terminal telefónica e conexión wifi, cunha sala de espera con elementos gráficos promocionais sobre Monforte de Lemos.
Xa na zona interior, a Oficina do Peregrino acolle un Centro de Interpretación do Camiño de Inverno, con información específica sobre o traxecto, mediante elementos gráficos, documentación e proxeccións de audiovisuais. Ademais, pódese desfrutar, ademais de varios elementos interactivos, dun gran panel coas 9 etapas do Camiño de Inverno, e un gran mapa histórico de Monforte.
O Concello vén de editar un Plano e unha Guía do Peregrino, en galego, castelán e inglés, destacando tanto os puntos de interese da ruta como os de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XUNTA CELEBROU EN TABOADA E CHANTADA UNHA CATA DE INICIACIÓN DE VIÑOS DA RIBEIRA SACRA

Seguinte Nova

Cofinanciación da Xunta e do Concello de Pantón para arranxar os accesos á fonte e ao balneario de Augas Santas

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss