Lugo Románico: o primeiro volume dunha nova guía sobre o Románico na provincia, adicado á Ribeira Sacra

Imaxe dos participantes no acto de presentación do primeiro volume de Lugo Románico, na igrexa da Santa María de Nogueira de Miño. GCDL.

• R.- MONFORTE. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na igrexa da Santa María de Nogueira de Miño, coñecida como a Capela Sixtina da Ribeira Sacra, o primeiro volume da guía Lugo Románico, un novo proxecto editorial emprendido pola institución provincial para reforzar a promoción do patrimonio deste estilo arquitectónico co que conta a provincia de Lugo, “un sinal de identidade e un poderoso reclamo turístico, ao redor do que artellar unha oferta de calidade, sostible, non masificada e de experiencias”, subliñou José Tomé.

A RIBEIRA SACRA ESTREA ESTA COLECCIÓN
O proxecto editorial estrease cun tomo adicado á Ribeira Sacra, ainda que terá outros tres tomos sobre o románico noutras zonas da provincia. A guía arranca por esta comarca, “como non podía ser doutro xeito”, asegurou o Presidente, pois na Ribeira Sacra “está a maior concentración do románico rural de toda Europa”.

RUTA
TRANSROMÁNICA
O Presidente recalcou que o románico da provincia é un dos máis importantes de España e de Europa, como demostra que Lugo forma parte da Ruta Tranrománica do Consello de Europa dende o pasado ano. “Desta forma, situamos ao noso patrimonio nunha das grandes rutas culturais europeas, a máis importante das vinculadas a este fermoso estilo arquitectónico. Unha ruta da que, en España, só forman parte outros dous lugares: o mosteiro de Santo Domingo de Silos e a cidade de Zamora”, explicou José Tomé.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel proclamadas Reserva da Biosfera pola UNESCO

Seguinte Nova

Aberto o prazo para a inscrición nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss