MÁIS DE CINCUENTA ACTUACIÓNS E DEZANOVE COMPAÑIAS NUNHA NOVA EDICIÓN DO CIRCUITO DE TEATRO AFECCIONADO

A Vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro no acto de presentación da nova edición do Circuito de Teatro Afeccionado. GCVDL.

• Redacción – MONFORTE. Promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, bota a andar unha nova edición do Circuito de Teatro Afeccionado, que contará coa participación este 2021 de dezanove compañías que achegarán o teatro aos concellos lucenses, con máis de 50 actuacións previstas. Trátase de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Curuxan (Lugo), Nova Escena Teatro (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Trocos (Castro de Rei), Pico do Castro (Foz), Alentía Teatro (Palas de Rei), A Mariña (Cervo), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Metátese Teatro (Palas de Rei), Os Pinchacarneiros (Lugo), Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte). A área de Cultura xestiona o calendario según a disponibilidade das compañías e as preferencias dos concellos e asociacións interesadas, financiando o 100% das actuacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O DOCUMENTAL “ASOLAGADOS” , DE DAVID VÁZQUEZ, PODERASE VER NA CANLE DE VIMEO DA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN

Seguinte Nova

A ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL LUÍS NIEVES CONVOCA BOLSAS PARA AXUDAR A QUE MOZOS E MOZAS (ATA 30 ANOS) CON MENOR PODER ADQUISITIVO POIDAN ACCEDER A ESTUDOS MUSICAIS DE CALIDADE

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: