
• Redacción- MONFORTE.
O próximo 2 de outubro arrinca en Monforte a Gallaecia- AR World Championship 2021, un campionato Mundial de carreiras de aventuras que con preto de 100 equipos rexistrados e máis de 400 participantes de 24 países de toda Europa e América, percorrerán ata o día 9 unha vintena de concellos lucenses, e das provincias de Ourense e A Coruña para completar un trazado de 620 quilómetros combinando etapas de kaiak, bicicleta de montaña ou trekking. A Deputación de Lugo colabora con este evento cunha aportación de 60.000€. Según José Tomé, proba “a nosa aposta por consolidar a provincia de Lugo como un escenario de grandes acontecementos deportivos de repercusión global”.•