Nova maquinaria para a recollida de residuos cunha inversión de 635.000 euros

• Dez novos vehículos e equipamento

O alcalde de Monforte José Tomé, no acto de presentación da nova maquinaria de limpeza. FOTO MONTERO.

• Redacción- MONFORTE. Na explanada da Compañía tivo lugar a presentación dos novos equipos destinados a mellorar a recollida do lixo tanto na cidade como nas parroquias de Monforte. . O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Director da Delegación Noroeste de FCC Medio Ambiente, Ernesto Barrio, a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, foi o encargado de presentar os dez novos vehículos e equipamentos para a recollida de residuos municipais, cunha inversión de máis de 635.000 euros, froito das negociacións do Alcalde, José Tomé Roca, coa empresa FCC Medio Ambiente, que supuxeron a renovación do contrato para a recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria do municipio. No mesmo acto presentáronse tamén os dous vehículos de limpeza viaria pendentes de entrega desde o pasado mes de abril.

PRÓRROGA DO CONTRATO CON FCC MEDIO AMBIENTE
Desde a prórroga do contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, subscrito entre o Concello de Monforte e FCC Medio Ambiente, a concesionaria xa levou a cabo, neste ano 2021 as seguintes accións:
• A adquisición de 25 equipos e vehículos para limpeza viaria, por 914.611,38 €.
• A adquisición de 10 vehículos e equipamento para a recollida de residuos, por 635.442,42 €.
• Renovación de colectores: 345.991,59 €.
• A renovación de colectores soterrados, cunha inversión de 239.170,74 euros.
• Inversión en papeleiras: 43.038 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte adquire unha parcela no Polígono Industrial do Reboredo

Seguinte Nova

Monforte, arranque da etapa inicial da Gallaecia-AR World Championship 2021, o Campionato Mundial de Carreiras de Aventuras

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Pili Chaos

Fotógrafa e curiosa por natureza, Pili Chaos inaugura o vindeiro 1 de abril a súa exposición «Emoción en clave», que aborda a
Ir aInicio

Don't Miss