O colexio de Sober rexistra o dobre de matrículas que hai 10 anos

Este curso, o CEIP Virxe do Carme ten 73 alumnos en total, con 25 en infantil e 48 en primaria. GPCS

• Redacción- MONFORTE. O novo curso arrancou en Sober cun incremento no número de escolares. O CEIP Virxe do Carme rexistra o mellor dato en matriculacións dos últimos anos. Segundo o balance aportado desde o Concello, a cifra de alumnado é case o dobre que a de hai dez anos, con 73 escolares en total, dos que 25 son de infantil e 48 de primaria.

BOAS PREVISIÓNS AO CUBRIRSE O 100% DAS PRAZAS DA GARDERÍA MUNICIPAL
O incremento está a ser progresivo, pasando dos 66 alumnos en 2019, aos 67 de 2020 e chegando ata os 73 en 2021.
Desde o Concello lembraron que aos alumnos do colexio público hai que engadir as 20 prazas que oferta a gardería municipal para nenos de 0 a 3 anos, e que se cubriron completamente. Esta cifra garante que o colexio vai manter o seu crecemento en canto a matrículas.

SERVIZOS E AXUDAS ÁS FAMILIAS
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, referiuse ás medidas que o Concello ofrece ás familias, como o servizo de conciliación e as axudas para a compra de material escolar, ademais da ampla oferta de actividades culturais. O Concello aprobou por vez primeira as bases que regulan a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para as familias do alumnado de infantil e primaria do CEIP Virxe do Carme.
As achegas serán dun máximo de 120 euros por fillo de 3 a 5 anos, e dun máximo de 60 euros por fillo matriculado en primaria. Toda a información sobre as axudas pode obterse chamando aos teléfonos 982 460 001 e 982 460 005.

OBRAS EN OUTUBRO
Así mesmo, a Xunta de Galicia vén de investir 260.000 euros en obras para mellorar as instalacións do colexio público de Sober, que empezarán en outubro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Tempo de vendima na paisaxe da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

A Xunta amplía ata os 3,3 millóns de Euros as axudas ao alugueiro xeral en 2021

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio