O Concello do Incio logra a navegabilidade sen motor do embalse de Vilasouto

Trátase dunha petición do Goberno local formulada á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no verán do ano 2019

Imaxe do embalse de Vilasouto, que agora poderá navegarse con embarcacións a vela e/ou remo. Fotos de Carlos Rueda.

• Redacción- MONFORTE. O Concello do Incio vén de lograr a navegabilidade do embalse de Vilasouto, cuxa petición presentou formalmente no verán do ano 2019 á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

OPORTUNIDADES PARA O TURISMO DO CONCELLO DE O INCIO
O alcalde, Héctor Corujo, considera que “é un día moi importante para o noso Concello polas posibilidades que se abren a partir de agora no embalse, sobre todo pensando no tempo de lecer e no seu aproveitamento para o turismo ou deportivo”. Tanto é así, explica, que o Goberno local xa prepara algunha actividade no embalse para celebrar, en canto sexa posible, que a petición fora adiante.

EMBARCACIÓNS A VELA E/OU REMO, PERO NON A MOTOR
Na súa resolución con data do 6 de setembro, a CHMS explica que: “As actividades de navegación e/ou flotación que se poidan desenvolver no encoro de Vilasouto non se consideran susceptibles de xerar afección na calidade da auga que implique unha deterioración nos resultados da avaliación do estado químico e do potencial ecolóxico da masa de auga, sempre que:

  • Se realicen en embarcacións a vela e/ou remo, pero excluíndo o uso de motor.
    O escrito aclara que se permite unicamente a navegación a vela e a remo debido a que nesta presa sitúase a toma para o abastecemento ao termo municipal de Bóveda. Así mesmo, ao ser unha presa vinculada tamén cun aproveitamento de rega puidese darse o caso que en determinadas épocas do ano non calase suficiente para o seu exercicio ou ben o acceso para o exercicio para a navegación ou flotación sexa difícil ou imposible. O Encoro, situado entre as parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goó, forma parte da conca do río Mao. Ten unha capacidade máxima de 21 Hm3 e ocupa unha extensión de 111 ha, tendo unhas dimensións de 2 km de longo e 1,5 km de ancho, aproximadamente. Construíuse en 1969, coa intención de solucionar os problemas de abastecemento de auga de boa parte da Terra de Lemos. O encoro asolagou terras e vivendas, afectando sobre todo as parroquias de Vilasouto, Goo e Eirexalba. Os núcleos de O Barreal, A Illeira e Outeiro foron os que perderon un maior número de edificacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

PIRAGÜISMO: Os padeeiros do Club Quixós sucaron o Cabe con dúas embarcacións tipo Dragon Boat

Seguinte Nova

O Cheque Dixital busca facer os negocios máis competitivos a través da transformación tecnolóxica

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: