• Redacción – MONFORTE. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon a disposición de todo o público o documental «Asolagados», dirixido por David Vázquez, que nos achega ás vivencias da xente das aldeas asolagadas en 1963 polo encoro de Belesar. O audiovisual pode verse de xeito gratuíto a través da canle de Vimeo da Vicepresidencia durante un periodo de tres meses, co obxectivo de ampliar a súa difusión despois de ser proxectado en diferentes festivais e outros espazos culturais.
O documental recompila testemuños sobre a vida nas vilas e aldeas asolagadas polo encoro de Belesar en 1963. A memoria de lugares como Abideira, Porto, Castro, Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida ou Ribó emerxe no audiovisual, nas voces de persoas que viviron nestes lugares antes da construción do encoro e que se viron obrigadas a deixalo todo.
Desde a Vicepresidencia animan á cidadanía a descubrir “un traballo excepcional ao redor dun suceso que forma parte da nosa historia” e que “hoxe, á vista do que está a acontecer coa suba da luz, ofrece tamén unha oportunidade para tirar conclusións sobre como dende o Estado se repartiron e reparten os custos e os beneficios da produción de enerxía eléctrica en Galiza”.
A proxección recolle imaxes e sons agora perdidos, restos de casas, bodegas, e acércanos ao sufrimento do medio natural da contorna, cun impacto terrible como explican dez testemuñas que habitaron a zona antes da construción do salto. O documental, de 2013, con guión de Afonso Eiré, foi dirixido por David Vázquez, quen tamén se ocupou da montaxe e producido por Cristina López, tivo unha gran acollida en diversos festivais como o 18º Cinema As Américas International Film Festival de Austin Texas ou festival de cinema underground de Berlín entre outros.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O grupo de pop-punk La La Love You chegará a Monforte o venres 16 de agosto
A XXIV Mostra de Artesanía Artelemos, inaugurada o pasado luns 5 de agosto polo Alcalde José
O Pazo de Tor foi o escenario da presentación do catálogo da exposición «Historia do Futuro»
O pasado 19 de xullo, o Concello da Pobra do Brollón celebrou o Orgullo Guímaro. A
A parroquia de Ferreiros acolleu a pasada fin de semana a segunda edición do festival Brindadeira.Brindadeira