O PP DENUNCIA O MAL ESTADO DA SINALIZACIÓN DAS ESTRADAS PROVINCIAIS.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, considera que o mal estado da sinalización, ademais de xerar inseguridade, dá mala imaxe da provincia, incluso nas zonas que se intentan promocionar turisticamente. Rodando polas vías provinciais chama a atención, en contraposición ao deficiente mantemento da sinalización viaria, o bo estado dos carteis institucionais, nos que se indican as obras en execución ou xa executadas. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala: “A fórmula para corrixir o problema, para a inaprazable mellora da sinalización, é moi sinxela: Máis cartos para arranxar a sinalización viaria das estradas provinciais e menos cartos para carteis propagandísticos e institucionais. É unha cuestión de vontade política e de deixar de lado os intereses partidarios e mirar máis polos intereses de todos os lucenses”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte, arranque da etapa inicial da Gallaecia-AR World Championship 2021, o Campionato Mundial de Carreiras de Aventuras

Seguinte Nova

PIRAGÜISMO: Os padeeiros do Club Quixós sucaron o Cabe con dúas embarcacións tipo Dragon Boat

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: