PIRAGÜISMO: Os padeeiros do Club Quixós sucaron o Cabe con dúas embarcacións tipo Dragon Boat

As dúas embarcacións tipo Dragon Boat cos membros do Club Quixós. FOTO MONTERO.

Redacción- MONFORTE. Numerosos monfortinos víronse sorprendidos ao ver navegar polo Cabe dúas embarcacións con cabeza e cola de dragón, coma se tratásense de naves viquingas. Aínda que os remeiros das mesmas non daban medo. Eran os padeeiros do Club Quixós que estaban a probar estas tipo de naves cedidas pola Xunta. O barco dragón é unha especialidade deportiva de orixe chinesa, con máis de 2000 anos de antigüidade, utiliza embarcacións de 10 ou 20 padeeiros cunha cabeza de dragón na proa e unha cola na popa. As paladas deben estar compasadas. Na proa sitúase un tambor que sinala o ritmo de paleo e na popa o temoneiro leva a dirección do barco. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP DENUNCIA O MAL ESTADO DA SINALIZACIÓN DAS ESTRADAS PROVINCIAIS.

Seguinte Nova

O Concello do Incio logra a navegabilidade sen motor do embalse de Vilasouto

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: