
• Redacción- MONFORTE. O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, explicou en Quiroga as medidas da Xunta para mitigar o impacto do gran incendio que asolou 1.580 hectáreas en Quiroga, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón a comezos de setembro. A xuntanza, celebrada en Quiroga o día 16, contou coa presenza dos alcaldes dos municipios afectados.
Rodríguez explicou que a técnica do mulching, ou cobertura do terreo con palla, axudará á recuperación do solo, feito no que tamén terá gran importancia as masas de Pinus Pinaster maduro, que fan pensar nunha boa rexerenación natural. Ademais, os técnicos da Xunta constataron que os cauces dos ríos non se viron afectados polas cinzas, o que minimizou o dano ambiental.•
Candia amosou en Quiroga o seu “apoio e solidariedade” ante os incendios da zona sur

R.- MONFORTE. A presidenta do Partido Popular da provincia de Lugo, Elena Candia, achegouse a Quiroga este mes para dar o seu “apoio e solidariedade” aos afectados polo grave incendio de comezos de setembro. Candia expresou a súa “condena e repulsa ás actividades incendiarias”, precisando que “as investigacións apuntan a que foi un incendio intencionado”. A popular agradeceu o traballo de “todas as persoas implicadas no control do lume desde a primeira liña”. •