Tempo de vendima na paisaxe da Ribeira Sacra

Setembro deixou espectaculares imaxes dos viñedos no seu máximo esplendor, a punto para a recollida da uva. (Foto: MONTERO)

• Redacción- MONFORTE. O 15 de setembro, deu comezo de xeito oficial a vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra. As estimacións de froito que se vai recoller ata mediados de outubro, data prevista para o fin da vendima, chega aos 6 millóns de quilos.

A RECOLLIDA PREVIA Á DATA OFICIAL DA VENDIMA SUMOU MÁIS DE 68.200 QUILOS DE UVA
Antes da data recomendada polo Consello Regulador para empezar a recoller a uva, tiñan comezado este traballo 22 das 100 adegas acollidas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Dende o último fin de semana de agosto ata o 13 de setembro, o Consello Regulador tiña rexistrado un volume de 68.252 quilos de uva recollida, a primeira cifra constatada da vendima 2021.

A UVA GODELLO ARRANCA A TEMPADA
Desta cantidade, case un tercio correspondeu á variedade godello, da que se tiñan recollido antes do 13 de setembro case 41.400 quilos. As outras variedades destacadas por volume de colleita foron a merenzao, con 11.037 quilos, e a mencía, con 10.221 quilos.
Entre o resto de variedades, cabe destacar a uva albariño, da que se vendimaron 2.534 quilos antes do 13 de setembro, e a dona branca, con 1.810 quilos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reunión en Quiroga para explicar as medidas da Xunta fronte os danos do gran incendio forestal

Seguinte Nova

O colexio de Sober rexistra o dobre de matrículas que hai 10 anos

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: