
• Redacción – MONFORTE. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no aeroporto de Vigo aos participantes no programa de lecer “Conecta co Xacobeo” que se desenvolverá ao longo desta semana en dous grupos, un que percorrerá o Camiño Portugués e outro que realizará a Vía da Prata. Conecta co Xacobeo e un dos programas de achegamento a Galicia dos galegos do exterior, centrándo no Ano Santo, e limitando a participación ao continente europeo por mor do Covid-19.
Esta iniciativa, tal e como explicou Rodríguez Miranda, “ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto de comunidades autónomas de España como nos países europeos”. Participarán nesta actividade un centenar de galegos do exterior de entre 18 e 64 anos, realizaran o camiño en etapas ata chegar o sábado 25 á praza do Obradoiro. Os dous grupos tiveron unha xornada de convivencia na Ribeira Sacra, celebrando así o seu nomeamento como Reserva da Biosfera. •