• O xurado proclamou á institución provincial, co seu proxecto de recuperación, conservación e posta en valor dos soutos da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses
• A Deputación organizará a celebración da Copa España Creativa o vindeiro ano

A Copa España Creativa supón o maior recoñecemento á Creatividade e á Innovación urbana ou territorial das nosas cidades e pobos que se outorga desde a Asociación España Creativa. Un premio que a través do trofeo deseñado do internacional Javier Mariscal, avoga por unha economía máis humana, pola centralidade do cidadán, a sustentabilidade, a conectividade, a recuperación da identidade e a recuperación emocional, a través de novas dinámicas de relación entre o mundo urbano e rural.
Na gala celebrada en Orihuela dábase a coñecer o gañador da Copa España Creativa Orihuela 2020 polo Presidente do Xurado, Darío Villanueva, sendo a Deputación de Lugo quen se alzaba coa Copa España Creativa 2020, co seu proxecto de recuperar, conservar e poñer en valor os soutos da Reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Polo que a Copa España Creativa 2022 celebrarase en Lugo.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, expresou este domingo a súa “enorme satisfacción” polo premio, que supón “un importante recoñecemento ás políticas e á estratexia que promovemos para apoiar ao rural e ao sector primario, e para favorecer deste xeito o desenvolvemento social e económico sostible do territorio, xerar riqueza e emprego, ordenar o territorio e fixar poboación. “Ser a sede deste certame no 2022 contribuirá á promoción de Lugo”.•