A espectacular Raid Gallaecia, proba puntuable para o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras, a ARWC Series, tivo a súa saída en Monforte

Moita expectación en Monforte para dar saída á Gallaecia Raid, proba puntuable para as ARWS Series, auténtico campionato do mundo de carreiras de aventuras. Aínda que non é unha especialidade demasiado coñecida en España, trátase dunha modalidade sumamente espectacular, cun nivel de esixencia moi elevado para os equipos participantes.

RECORD DE PARTICIPACIÓN
A Gallaecia-AR World Championship 2021 bate esta edición récord de participación, con preto de 100 equipos inscritos e máis de 400 participantes de 24 países, que completarán un trazado de 620 quilómetros combinando etapas de kayak, bicicleta de montaña ou trekking.
O campionato reúne aos 11 dos 12 primeiros clasificados mundiais das Adventure Racing World Series (ARWS) 2021 entre os 100 participantes, unha cifra récord na historia das carreiras de aventura.
Os franceses 400 Team Naturex, primeiros na clasificación, Lozere Team2Raid (9) e Hoka One One (12), os ecuatorianos Movistar-Terra Aventura (2) e Life Adventureteam Imptek (7), o español Torpedo-Vidaraid (3), os suecos ARSweden (4) e Swedish Armed Forces Adventure Team (SAFAT) (11), o Estonia Ace (5), o ruso Blizzard (8) e o checo Black Hill-Salomon (10) son os 11 dos 12 primeiros clasificados das ARWS 2021.
Na última etapa o equipo das Forzas Armadas Suecas obtivo o primeiro lugar, cunha vantaxe de 1 horas sobre a Aventura de Estoniana Ace. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sentenza favorable ao Concello no litixio polos terreos para para o Parque do Hospital

Seguinte Nova

Nova iluminación da fonte cibernética da Praza da Compañía de Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: