A Xunta completa as obras de arranxo da estrada entre Bóveda e O Incio

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou o resultado das obras realizadas na LU-644 entre Bóveda e O Incio. GPXG

A finais do mes pasado, quedaron rematados os traballos correspondentes ao arranxo dun treito da LU-644, entre os núcleos de Rubián, no concello de Bóveda, e A Cruz do Incio. A Consellería de Infraestruturas investiu nos traballos un total de 285.000 euros.
Segundo precisou o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, na visita que realizou á zona, o proxecto desenvolvido polo Executivo autonómico supuxo a mellora dun treito de 10 quilómetros entre os municipios de Bóveda e O Incio. Arias apuntou que as obras se levaron a cabo o mes pasado, con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona sur. En concreto, mellorouse a capa de rodadura con microaglomerado en frío, seguido do repintado da sinalización horizontal.

MELLORA DA SEGURIDADE DOS USUARIOS DESTA ESTRADA
Arias destacou que este tipo de obras axudan a mellorar as condicións de seguridade para o tráfico rodado, reforzando a adherencia do pavimento e a visibilidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia presenta a súa Estratexia de Internacionalización 2021-2025, cunha aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores

Seguinte Nova

O IES Daviña Rey renova a súa fachada e o IES A Pinguela amplía as súas instalacións

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: