Agosto histórico na ocupación de aloxamentos turísticos, con 2,2 millóns de pernoitas en Galicia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, na presentación da campaña “Presume de Morriña”, posta en marcha polo Clúster Turismo de Galicia para reactivar o sector tralapandemia. GPXG.

Galicia rexistrou un agosto histórico en ocupación nos aloxamentos turísticos da comunidade con 2,2 millóns de pernoitas, mellorando o mes pasado en 20 puntos a chegada de viaxeiros respecto á medida nacional mellorando a cifra de 2019 cun 2,6% máis de visitantes e tamén nun 1,5% en canto ás pernoitas.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que os hoteis galegos xa recuperaron plenamente os datos turísticos prepandemia, unha reactivación que se estende ao resto dos aloxamentos, se ben, está a notarse con maior intensidade nas pensións, apartamentos turísticos e cámpings da comunidade, sobre todo nestes dous últimos, que marcaron máximos históricos.
A campaña Presume de morriña foi presentada no Porto de Vigo polo Vicepresidente Alfonso Rueda. Trátase dunha iniciativa do Clúster Turismo de Galicia que busca animar a visitar Galicia e reactivar o turismo a través da publicación de vídeos e fotografías nas redes sociais dos lugares preferidos por parte dos galegos e turistas que xa coñecen visitaron a comunidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

DEPUTACIÓN E APHL COLABORAN PARA A CELEBRACIÓN DUN CURSO DE ESPECIALIZACIÓN DE ENOTURISMO

Seguinte Nova

XIV XORNADAS XURÍDICAS DE SARRIA: A IGUALDADE DE XÉNERO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: