O pasado mes de xuño, o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou xunto ao Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, o proxecto do Centro de Atención a Maiores que a institución provincial proxectaba construir no concello da Ribeira Sacra nun acto aberto ao público que tivo lugar na Casa da Cultura de Pantón. Desde entón pasaron pouco máis de tres meses, e o procedemento segue o seu curso a bo ritmo, pois ven de aprobarse no pleno da Deputación de Lugo, por unanimidade, o convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello de Pantón para a construción do Centro de Atención a Maiores desta localidade por un importe de 1,7M€. A proposta do Presidente, José Tomé Roca, a Corporación aprobou o compromiso polo cal a Deputación destinará, en 5 anualidades, 1,4M€ para facer realidade esta dotación social nun terreo situado no centro de Ferreira de Pantón. Esta residencia, para a que a entidade local investirá outros 300.000€, terá capacidade para entre 30 e 39 prazas, distribuídas en 18 habitacións dobres e 4 individuais, máis 3 prazas en enfermaría.
SERVICIO PÚBLICO ASISTENCIA DE CALIDADE
Segundo explicou na sesión ordinaria o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, a residencia de Pantón ofrecerá un servizo público asistencial de calidade e personalizado aos maiores, favorecendo o seu arraigo, ademais de crear emprego sostible no rural. “Apostamos por un modelo funcional, próximo ao territorio e que se centra na persoa”, expuxo o responsable da área de Promoción Económica e Social, que sinalaba tamén que esta residencia “axudará a fixar poboación e suporá un importante revulsivo económico para a comarca de Lemos e especialmente para o concello de Pantón”.
O Centro de Atención a Maiores de Pantón da Deputación de Lugo terá capacidade para entre 30 e 39 prazas, distribuídas en 18 habitacións dobres e 4 individuais, máis 3 prazas en enfermaría. Todas as habitacións serán accesibles e amplas, e contarán con cuarto de baño propio. O deseño repara no cumprimento de barreiras arquitectónicas e está configurado nunha edificación onde prima a luminosidade e a iluminación natural con grandes zonas acristaladas, tanto nos dormitorios coma nas salas e zonas comúns. O edificio constará dunha planta semisoto, unha planta baixa, dúas plantas altas e un ático.•