DEPUTACIÓN E APHL COLABORAN PARA A CELEBRACIÓN DUN CURSO DE ESPECIALIZACIÓN DE ENOTURISMO

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo(APEHL), Cheché Real GPDL

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo(APEHL), Cheché Real, asinaron un convenio de colaboración entre ambas entidades para a celebración dun curso de especialización en enoturismo. A acción formativa contará cunha achega da institución provincial de 40.000€. Pola súa banda, a asociación inviste 2.110€.

COMPETENCIAS EN ENOTURISMO
Este curso está destinado a profesionais e emprendedores que desexen reforzar as competencias no enoturismo a través dunha formación técnica, práctica e específica. Así mesmo, ten como obxectivo apoiar e manter a actividade no sector, en concreto, desenvolver actividades de promoción turística e gastronómica de Lugo.

TURISMO DE CALIDADE
Tomé Roca destacou a importancia desta proposta que “se enmarca na aposta da Deputación de Lugo por un turismo de calidade, de proximidade, sostible e de experiencias que potencia a riqueza vitivinícola da nosa provincia.»

CAPACITACIÓN PRÁCTICA DO ALUMNADO
Nesta edición, a formación realizarase no concello de Lugo cara finais de ano e poderán acceder unha vintena de participantes. O curso afondará en diversos aspectos da viticultura e servirá para capacitar ao alumnado en aspectos prácticos, como a elaboración de cartas de viños, a maridaxe, o servizo e xestión de sala, o traballo en adegas e a xestión do negocio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

RECTA FINAL DA VENDIMA NA D.O. RIBEIRA SACRA SUPERARANDO XA OS 5 MILLÓNS DE QUILOS

Seguinte Nova

Agosto histórico na ocupación de aloxamentos turísticos, con 2,2 millóns de pernoitas en Galicia

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: