O pintor lucense Maximiliano López ven de inaugurar no Círculo Saviñao unha nova exposición de pintura e debuxo que denominou «obra plástica e gráfica recente», unha interesante colección de óleos, acrílicos, bolígragos, grafitos e técnica mixta que permitirá ver a súa evolución, pois o Pintor leva expoñendo regularmente os seus traballos no Círculo Saviñao desde 2005, onde sempre se lle acolle con agarimo e amizade.
Pódese visitar a mostra ata o próximo sete de novembro.•