Monforte contará cun viveiro de empresas promovido polo Concello no Polígono do Reboredo

•Para iso está en levando a cabo traballos de mellora e acondicionamento nunha nave da súa propiedade

Imaxe do alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada na visita á obra. GPCM.

Por fin Monforte contará cun viveiro de empresas, unha necesidade que leva moito tempo demandada polos monfortinos, e que finalmente, nun breve período de tempo será unha realidade. Para iso o Concello de Monforte achega unha nave da súa propiedade no Polígono Industrial do Reboredo, que, na actualidade, está funcionando como zona de almacenaxe para distintos materiais propiedade do Concello, e que está a ser acondicionada para que poida ser utilizada como espazo físico para que empresas de nova creación dispoñan dun lugar onde empezar e consolidar a súa actividade. José Tomé Roca, visitou as instalacións desta nave para facer un seguimento das obras, que contan cun orzamento de 239.192,41 euros IVE incluído, e qeu foron adxudicadas á empresa Construcciones y Obras Taboada y Ramos S.L.U. cun prazo de execución de 53 días. O Alcalde destaca que “dende o Concello seguimos a apostar polo desenvolvemento do Polígono do Reboredo, con esta iniciativa propia que sen dúbida contribuirá á creación de empresas e ó fomento do emprego, que son os obxectivos do futuro Viveiro de Empresas”.
“O Polígono do Reboredo está de moda, porque as últimas ventas de parcelas, unha das cales adquirimos recentemente dende o Concello, deixan en 4 o número de terreos dispoñibles e xeran a necesidade de ter que ampliar este polígono, algo que xa solicitamos hai unhas semanas a SEA”, salientou Tomé Roca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Lugo lembra aos socialistas que “é un Goberno do PSOE o que está a protexer ao lobo antes que aos gandeiros”. Continúa o conflito pola protección ao lobo

Seguinte Nova

Sentenza favorable ao Concello no litixio polos terreos para para o Parque do Hospital

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: