O Concello de Sober presentará o vindeiro 6 de novembro o documental ‘Nosoutras – Relatos Femininos’, segunda parte dun proxecto de igualdade que busca homenaxear ás mulleres do mundo rural e visibilizar as condutas machistas que xerminan neste contexto. A través desta iniciativa seis testemuñas femininas narran, con auténtica humildade e sinceridade, a súa biografía e como o feito de ser muller ten influído ao longo das súas vidas. O proxecto ‘Nosoutras’ preséntase en dous formatos, un deles en papel, cunha publicación que recolle o relato de de Pili, Noelia, Otilia, Samanta e Sara, que nos acercan á vida cotiá destas mulleres. Dita publicación xa foi presentada e difundida en redes sociais do Concello cunha gran acollida. Agora presentarase en forma de documental que se proxectará no salón de actos do Concello de Sober, sendo necesario reservar para poder acudir. Para elo, as persoas interesadas en asistir poden chamar ao 982 46 05 13.•