Xa se pode gozar do novo sistema de iluminación e son da Fonte da Compañía, unha vez concluídos os traballos de mellora que se iniciaron no pasado mes de xuño coa reparación de bombas, substitución da malla metálica e instalación dun peche perimetral, e que na súa última fase incluíu melloras no sistema de son e iluminación da mesma.
O novo sistema informático e electrónico desenvolvido pola empresa Water Lixeiro Tech, que é especialista neste tipo de instalacións a nivel internacional, permite a programación dunha gran variedade de coreografías, nas que a luz, que conta cunha ampla gama de tonalidades e cores, e os 18 chorros de auga están sincronizados con respecto á música.
HORARIO DE FUNCIONAMENTO
O horario de funcionamento do espectáculo de luz e son da fonte será o propio de inverno, é dicir, venres de 18:00 a 22:00 horas, e sábados, domingos e festivos, de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 22:00 horas.
A cada hora en punto, soará unha canción, de actualidade e coñecida para o gran público, que irá sincronizada, nunha coreografía conxunta, coa iluminación e os 18 chorros de auga da fonte. A última entrada musical será ás 22:00 horas. Tomé destacou que “as melloras nesta fonte a converterán nun atractivo turístico destacado do centro da cidade».•