O Concello de Monforte destina 20.000€ en axudas ó transporte do alumnado universitario e de ciclos de Formación Profesional e Bacharelato

• O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 29 de outubro de 2021

Poderá optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades o alumnado universitario empadroado en Monforte, así como o alumnado de ciclos medio e superior de F.P. e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso. O Alcalde, José Tomé Roca, indica que “con esta liña de axudas, que incrementamos en 6.000 euros con respecto ó mesmo período do ano anterior, contribuímos a facilitar os desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fora do noso concello». Para a determinación do importe da subvención, terase en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. En función destes criterios, cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta amplía ata os 3,3 millóns de Euros as axudas ao alugueiro xeral en 2021

Seguinte Nova

Monforte énchese de teatro no último trimestre do ano

Últimas noticias sobre AXENDA

A %d blogueros les gusta esto: