O IES Daviña Rey renova a súa fachada e o IES A Pinguela amplía as súas instalacións

•O investimento conxunto da Xunta en ambos os centros ascendeu a 300.000 Euros

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a renovar as carpinterías da fachada do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte de Lemos, cun orzamento de máis de 70.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións e explicou que a substitución das carpinterías por outras máis illantes supón un paso importante de cara a conseguir un notable aforro no consumo enerxético e mellorar as condicións de confortabilidade; actualmente estanse a cambiar as das plantas primeira e segunda, que suman máis dunha trintena.
No centro xa se renovaran con anterioridade as ventás da planta baixa, onde se atopa o salón de actos, entre outros espazos; instálanse novas carpinterías con illamento térmico e vidro baixo emisivo e tamén se cambian as persianas.
Tamén se remtaron xa as obras de ampliación e reforma que se desenvolveron no Instituto de Educación Secundaria (IES) A Pinguela, en Monforte de Lemos, ás que destinou preto de 230.000 euros de investimento.
Na sua visita ás novas instalacións O delegado da Xunta en Lugo Javier Arias, afirmou que “modernizan e dan resposta ás necesidades do centro”. Neste sentido, lembrou que no pasado curso incorporáronse dous novos ciclos de FP dual á oferta educativa: o superior de Estilismo e dirección de peiteado e o medio de Calzado e complementos de moda.
As obras consistiron na construción dunha nova aula no edificio de talleres, dous vestiarios anexos ao pavillón, un baño accesible, un pequeno despacho e unha sala de instalacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta completa as obras de arranxo da estrada entre Bóveda e O Incio

Seguinte Nova

O xacemento de proendos saca á luz un hórreo romano único en Galicia

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: