O PP de Lugo lembra aos socialistas que “é un Goberno do PSOE o que está a protexer ao lobo antes que aos gandeiros”. Continúa o conflito pola protección ao lobo

Castela e León, Asturias, Cantabria e Galicia son as comunidades nas que o o conflito entre gandeiros e o lobo é máis acusado. FOTO ARQUIVO.

Tras anos de denuncias, estudos, manifestacións, informes e procesos xudiciais, a orde que aprobou o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico supón que o lobo xa non será unha especie cinexética, que decaen automaticamente os plans e ordes de control de lobos existentes e que os gobernos autonómicos xa non poderán establecer cotas de lobos para ser eliminados. Mentres, na nosa provincia, o PP considera que “é o Goberno do PSOE o que está a protexer ao lobo antes que aos gandeiros”. Os populares explican, que “a Xunta xa está a intervir na defensa dos gandeiros e dos veciños da Mariña e doutras comarcas afectadas na provincia polos numerosos ataques do lobo”. Cren que “o PSOE ten moita cara” ao “esixir á Xunta o que non lle esixen ao Goberno de Sánchez que vén de incluír ao lobo na listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (LERPE) a pesar de contar coa oposición da Xunta e doutras comunidades lobeiras”. O PP chama aos socialistas lucenses a “ser consecuentes se de verdade queren apoiar aos gandeiros”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra comeza a recoller os seus froitos tras a súa declaración como Reserva da Biosfera

Seguinte Nova

Monforte contará cun viveiro de empresas promovido polo Concello no Polígono do Reboredo

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

A %d blogueros les gusta esto: