O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro reclama ao Goberno que preside Pedro Sánchez o “desbloqueo” da nova vía que permitirá conectar o Porto Seco de Monforte coa estrada Nacional 120. O deputado entende que ata tres informes emitidos pola Administración do Estado obstaculizan a execución deste novo viario. Pola súa banda a Xunta ten vontade de executar estas obras e incluso dispón de consignación orzamentaria vixente para facelas realidade: 750.000 euros para o ano en curso. Sinala o deputado popular que esta conexión resulta fundamental para que o Porto Seco sirva como infraestrutura estratéxica na que A Xunta leva investido máis de 20 millóns de euros. Segundo Balseiro, “é manifesta a aposta do Goberno galego co desenvolvemento desta infraestrutura loxística, e que claramente contrasta co boicot do Goberno central, e coa pequena ou nula aportación do Concello e da Deputación provincial”. •