O PP reclama o “desbloqueo” da conexión do Porto Seco de Monforte coa Nacional 120

Jose Manuel Balseiro denunica a parálise na que se atopa as infraestruturas dependentes do Goberno central no sur de Lugo. GCGPPG

O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro reclama ao Goberno que preside Pedro Sánchez o “desbloqueo” da nova vía que permitirá conectar o Porto Seco de Monforte coa estrada Nacional 120. O deputado entende que ata tres informes emitidos pola Administración do Estado obstaculizan a execución deste novo viario. Pola súa banda a Xunta ten vontade de executar estas obras e incluso dispón de consignación orzamentaria vixente para facelas realidade: 750.000 euros para o ano en curso. Sinala o deputado popular que esta conexión resulta fundamental para que o Porto Seco sirva como infraestrutura estratéxica na que A Xunta leva investido máis de 20 millóns de euros. Segundo Balseiro, “é manifesta a aposta do Goberno galego co desenvolvemento desta infraestrutura loxística, e que claramente contrasta co boicot do Goberno central, e coa pequena ou nula aportación do Concello e da Deputación provincial”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O GOBERNO SACA A LICITACIÓN A REFORMA INTEGRAL DO CENTRO DA SEGURIDADE SOCIAL DE MONFORTE

Seguinte Nova

RECTA FINAL DA VENDIMA NA D.O. RIBEIRA SACRA SUPERARANDO XA OS 5 MILLÓNS DE QUILOS

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: