O xacemento de proendos saca á luz un hórreo romano único en Galicia

Imaxe do hórreo romano atopado nas escavacións do xacemento de Proendos. GCXG.

A escavación impulsada pola Xunta de Galicia no xacemento de Proendos vén de sacar á luz un hórreo romano único na Comunidade. Así o comprobaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde, Luis Fernández, que visitaron o campamento onde o Goberno galego está levando a cabo unha nova campaña en colaboración co Concello de Sober.
Na visita, o titular de Cultura do Goberno galego salientou a importancia dos restos atopados, así como a importancia dos traballos feitos para afondar no legado excepcional da vila de Sober. “Estes achados, únicos en Galicia, reforzan a importancia que xa tiña Sober na época romana e nos axudan a comprender como vivían as antigas civilizacións na nosa terra”, engadiu.
Os traballos en marcha dan continuidade ás actuacións impulsadas neste espazo os últimos anos e que xa sacaron á luz restos romanos do século I ao V. Nesta ocasión, os profesionais da empresa Tempos Arqueólogos están realizando dúas sondaxes manuais no ámbito do xacemento. A primeira delas centrouse na zona onde se atopa a estrutura tipo hórreo, mentres que a segunda sondaxe sitúase nunha zona do xacemento próxima a igrexa de Santa María de Proendos para comprobar a posible existencia dunhas estruturas circulares.
Cómpre lembrar que neste lugar tense constatado desde antigo, a través de achados casuais e intervencións non sistemáticas, a aparición de significativas evidencias materiais de adscrición romana que van desde un gran número de fragmentos de tégula, ladrillos e cerámica, ata varios fragmentos de columnas, capiteis, basas, epígrafes e restos de canalizacións de granito, moitos dos cales aínda se conservan nos muros de peche e no interior das casas do actual pobo de Proendos. Os últimos traballos impulsados neste xacemento xa constataron a existencia dun hipocausto, unha estancia oca que os romanos adoitaban construír debaixo do chan nos cuartos das vivendas e nos baños para que circulara o aire quente.
Tamén se localizou unha ábsida circular, un elemento arquitectónico de orixe romano presente tanto en edificios relixiosos como seculares, e unha hipotética horrea romana.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Daviña Rey renova a súa fachada e o IES A Pinguela amplía as súas instalacións

Seguinte Nova

«Nosoutras – Relatos Femininos», proxecto de igualdade homenaxe ás mulleres do rural

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss