Quiroga estrea o novo mural da Peregrina do Camiño de Inverno, nunha fachada da Rúa Lago

Xa loce nunha das fachadas da praza da Rúa Lago, o novo mural da Peregrina do Camiño de Inverno, obra de Mon Devane. Nesta ocasión o tema elixido é o propio Camiño de Inverno, escollendo unha peregrina para que represente este roteiro xacobeo, dada a importancia que o mesmo ten para o concello de Quiroga, polo que transcorren máis de 36 quilómetros de percorrido.

ARTE URBANO
Mon Devane é un recoñecido artista urbano nado en Ourense que utiliza o spray como principal ferramenta en todo o seu traballo artístico desde o ano 2003. De profundas raíces graffiteras, comeza pola vella escola, explorando distintas posibilidades a través de formas, letras… pero a implacable procura dun estilo propio lévalle cara a unha marcada etapa cuxa obra adquire un carácter realista. Actualmente a súa pintura céntrase na realización de retratos a través dun estilo fotorrealista e monocromático. Traballa sobre grandes formatos, onde se magnifica cada detalle, buscando transmitir miradas que conten cousas, vidas, tradicións e historias. Desde o ano 2016, participa en gran número de eventos e festivais de arte urbana por todo o mundo, plasmando a súa obra en países como Estados Unidos, México, Xamaica, Bolivia, Italia, Francia, Inglaterra…Mon Devane e tamé o autor do mural da fachada do Auditorio Municipal nunha representación do Aceite de Quiroga.

ROTEIRO DOS MURAIS
Con estas nova obra pictórica urbana, financiada polo Consorcio de turismo da Ribeira Sacra, a vila quiroguesa conta con dez murais que seguindo a ruta deseñada dende a oficina de turismo se poden recorrer realizando unha pequena camiñada (1´5 Km) dentro da capitalidade municipal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XIV XORNADAS XURÍDICAS DE SARRIA: A IGUALDADE DE XÉNERO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Seguinte Nova

Quiroga estrea o seu programa de actividades para o Outono 2021

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: