REALIDADE AUMENTADA PARA POTENCIAR MONFORTE E O CAMIÑO DE INVERNO

José Tomé Roca, acompañado de diversos membros do Equipo de Goberno, deu a coñecer na Praza de Doutor Goyanes o proxecto “Descobre Monforte no Camiño”. GPCM.

“Descobre Monforte no Camiño” é unha iniciativa promovida dende o Concello, que según o Alcalde José Tomé “vai permitir divulgar os nosos recursos históricos e artísticos, relacionados co patrimonio material e inmaterial do Camiño de Inverno en Monforte a través da Realidade Aumentada e en 3D, cunha nova forma de comunicarse, de interpretar a cultura, de vivir a cidade dun xeito divertido, inmersivo, pedagóxico e innovador”.

REALIDADE VIRTUAL AUMENTADA
Trátase dunha aplicación para móbiles que se apoia nun itinerario con 7 localizacións de Monforte.
En cada unha delas instalouse unha peana interpretativa onde se pode visualizar, a través da interacción co teléfono móbil, elementos construtivos e escenas baseadas no pasado medieval da cidade e que están reconstruídas, en cada un dos recursos patrimoniais onde están situadas, a través da Realidade Aumentada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O ESPAZO XOVE DE CHANTADA PRESENTA UNHA NOVA EXPOSICIÓN, QUE VAI INCLUIDA DENTRO DO CICLO DE FOTOGRAFÍARTE

Seguinte Nova

O GOBERNO SACA A LICITACIÓN A REFORMA INTEGRAL DO CENTRO DA SEGURIDADE SOCIAL DE MONFORTE

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: