Tempo de vendima nas ribeiras do Miño, do Sil e do Cabe, de tarefa dura e fatigosa, nos que se fai cada vez máis difícil atopar operarios expertos, xa non quedan tantos veciños dispostos a botar unha man aos heroicos viticultores. Agora son temporeros doutras terras os que se achegan á comarca, e grazas ao seu esforzo e sacrificio, as uvas van chegando ao seu tempo ás adegas. E todo a bo ritmo, como se desprende dos datos ofrecidos polo Consello Regulador.
Despois da primeira fin de semana de outubro, das 97 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 43 xa completaron os traballos, 46 están vendimando, 4 téñena paralizada e unicamente faltan 4 adegas por iniciar a recollida. A data 3 de outubro recolléronse 5.023.114 quilos de uva. Na pasada campaña superábanse os 5 millóns de quilos con data 30 de setembro. Nesa data das 92 adegas que vendimaron no 2020, 12 adegas aínda estaban vendimando e as 80 restantes xa finalizaran os traballos. Por variedades os quilos recollidos son:
VARIEDADES TINTAS
Mencía 3.981.265 kilos
Garnacha 183.459 kilos
Merenzao 57.359 kilos
Sousón 31.584 kilos
Brancellao 30.189 kilos
Caíño tinto 25.215 kilos
Tempranillo 22.641 kilos
Mouratón 6.763 kilos
Grao Negro 57 Kilos
VARIEDADES BRANCAS
Godello 536.516 kilos
Albariño 94.165 kilos
Treixadura 38.534 kilos
Dona Branca 5.769 kilos
Blanco Legítimo 4.614 k.
Loureira 3.186 kilos
Torrontés 1.798 kilos.•