Sentenza favorable ao Concello no litixio polos terreos para para o Parque do Hospital

• Fallou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Imaxe aérea dos terreos anexos ao hospital comarcal de Monforte no que se construirá o futuro Parque.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da sentenza favorable ó Concello monfortino, ditada pola Sección 3 do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso interposto pola empresa Gas Monforte S.L. contra a declaración de urxente ocupación, a efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto do Parque do Barrio do Hospital de Monforte de Lemos.

SATISFACCIÓN POLA RESOLUCIÓN
FAVORABLE
O Alcalde amosou a súa satisfacción “pola resolución favorable ditada polo Contencioso Administrativo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a cal nos permitirá seguir adiante co proceso construtivo do futuro Parque do Hospital, que suporá unha mellora moi significativa para este barrio da cidade, xa que o dotaremos de novos espazos destinados ó lecer e esparcemento, así como dunha zona con 60 prazas de aparcamento”. O novo parque público do Barrio do Hospital vai incluír varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, estará dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores e finalmente contribuirá a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital contando co aproximadamente 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos.
A superficie da parcela que albergará este parque será de aproximadamente 6.212 metros cadrados. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte contará cun viveiro de empresas promovido polo Concello no Polígono do Reboredo

Seguinte Nova

A espectacular Raid Gallaecia, proba puntuable para o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras, a ARWC Series, tivo a súa saída en Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss