XIV XORNADAS XURÍDICAS DE SARRIA: A IGUALDADE DE XÉNERO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Inauguración das XIV Xornadas Xurídicas de Sarria co presidente do Tribunal Constitucional Juan José González e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez. GPXG.

Os pasados días 1 e 2 de outubro, celebráronse as XIV Xornadas Xurídicas Román García Varela de Sarria, que este ano se centraron na igualdade de xénero no ámbito xurídico. No acto inaugural participaron importantes personalidades do ámbito xurídico, como o presidente do Tribunal Constitucional (TC), Juan José González e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, ademais dos directores das xornadas, o catedrático de Dereito Mercantil Carlos Lema Devesa e o letrado da Administración de Xustiza Román García-Varela. Na inauguración participaron tamén o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, o presidente da Deputación provincial de Lugo, José Tomé, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. As xornadas tiveron lugar na Casa da Cultura de Sarria e contaron con poñentes como o presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro; a maxistrada do Tribunal Supremo, Ana María Ferrer; a presidenta da Comisión de Igualdade no Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX),Clara Martínez Careaga; Carmen Roda, funcionaria do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos das Nacións Unidas en Xenebra; o fiscal delegado de Discapacidade de Galicia, Santiago Miguel Cruces; o conselleiro de Estado Fernando Ledesma; o presidente da Audiencia Provincial da Coruña, Ignacio Picatoste; a vicepresidenta do TC, María Encarnación Roca; e o exministro de Xustiza Juan Carlos Campo, entre outros.
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reafirmou o compromiso da Xunta para contar cunha Administración de Xustiza dixital e accesible coa que garantir un servizo eficiente a través da dotación de recursos tecnolóxicos e a posta en marcha de novas infraestruturas.
José Tomé subliñou o apoio que a Deputación prestou dende o seu inicio á estas xornadas, “que se consolidaron como unha cita clásica dentro do análise e do estudo do Dereito, tanto nos seus aspectos teóricos, como na súa aplicación práctica”, e que “colocan a Sarria e no centro do debate xurídico nacional por uns días”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Agosto histórico na ocupación de aloxamentos turísticos, con 2,2 millóns de pernoitas en Galicia

Seguinte Nova

Quiroga estrea o novo mural da Peregrina do Camiño de Inverno, nunha fachada da Rúa Lago

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss