A ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES DA DEPUTACIÓN DE LUGO E A NOVA LEI DE IMPULSO DEMOGRÁFICO DA XUNTA NA SEMANA EUROPEA DAS REXIÓNS E CIDADES

A edición de este ano da Semana Europea das Rexións e Cidades, evento de referencia a nivel europeo en política e iniciativas rexionais e urbanas, tivo que celebrarse de maneira enteiramente virtual por mor da covid-19. Baixo o lema “Xuntos pola recuperación”, as xornadas contaron este ano cunha ampla participación galega que abordou temas como a biodiversidade, a dixitalización ou a descarbonización.

GALICIA E O CAMBIO DEMOGRÁFICO
A conselleira de Política Social, Fabiola García, representou a Galicia e durante a sesión «A experiencia das rexións europeas na xestión do cambio demográfico. O exemplo de Galicia», organizada pola Fundación Galicia Europa, a conselleira presentou o conxunto de medidas que compoñen a estratexia galega para loitar contra o despoboamento, como a Tarxeta Benvida, as casas niño ou a nova Lei de impulso demográfico aprobada a principios de ano en sede parlamentaria. Pola súa banda A Deputación de Lugo presentou na 19ª Semana Europea das Rexións e Cidades o seu modelo de Centros de Atención a Maiores a través dun vídeo testemuñal que relata a filosofía coa que se traballa, as voces dos usuarios , e a visión do persoal da institución que está pegado ao día a día dos centros. O traballo audiovisual pode descargarse no seguinte enlace: https://youtu.be/nmMoU7B0cQU. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pais e nais de alumnos do CEIP Xoán de Requeixo descontentos pola non concesión do horario continuado excepcional

Seguinte Nova

CURSO DE OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR PARA DESEMPREGADOS

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: