A Gallaecia-AR World Championship 2021 na Ribeira Sacra foi todo un acerto

• A proba tivo unha audiencia estimada de impacto mundial de 7,5 millóns de espectadores

O Presidente da Deputación de Lugo, na entrega de premios da Gallaecia-AR World Championship 2021. (Foto: GCDL).

Xa destacábamos no derradeiro número do EnComún, o acerto da aposta por a Gallaecia – AR World Chamionship 2021, por parte das institucións da provincia, dada a sua espectacularidade, e o ben que lle vaia á mesma os territorios da nosa comarca. O que ainda non coñecíamos era a repercusión en termos de audiencia da mesma. E foi o presidente da Deputación José Tomé, durante o acto de entrega de premios da carreira o que empezou a aportar información respecto diso ao sinalar que esta proba, de impacto mundial tivo unha audiencia estimada de 7,5 millóns de espectadores, cun retorno económico directo para a provincia superior aos 200.000€, ao que haberá que engadir o impacto a longo prazo. O mandatario provincial subliñou que a repercusión desta proba, que mobilizou a máis de 600 persoas -entre os participantes e os equipos de apoio-, “incentivou o consumo na hostalería e no comercio local”. A institución provincial achegou 60.000€ para a organización da carreira, un apoio que forma parte “da nosa aposta por consolidar á provincia de Lugo como un escenario de grandes acontecementos deportivos de repercusión global” para promocionar o territorio a nivel nacional e internacional, e favorecer o turismo de calidade e sostible.
No meramente deportivo os suecos SAFAT foron os gañadores desta edición que reuniu aos 11 dos 12 primeiros clasificados mundiais das Adventure Racing World Series (ARWS) 2021. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

BOAS NOTICIAS PARA O GOLF MONFORTINO: JOSE ÁNGEL PÉREZ REÑONES CAPITANEA A GALICIA PARA ALCANZAR O BRONCE NO CAMPIONATO INTERAUTONÓMICO DE PITCH& PUTT E O CLUB DE GOLF RÍO CABE SERÁ SEDE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DOBRES

Seguinte Nova

O Campo de fútbol da Pinguela estrea a sua iluminación exterior

Últimas noticias sobre DEPORTES

Novo ciclo para o Club Lemos

O Club Lemos estrea directiva con Antonio López como Presidente. Unha das súas primeiras decisións foi nomear a Óscar Moure como Director
Ir aInicio

Don't Miss