Aberto o prazo de solicitudes de ReAcciona covid-19

Compleméntase así o programa ReAcciona, que desde o 2012 leva impulsado o desenvolvemento de máis de 2.000 proxectos que permitiron mellorar a competitividade de 1.333 empresas galegas, mobilizando 10,5M€

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de solicitudes do programa ReAcciona covid-19, unha novidosa liña de actuación impulsada pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na procura de cooperar co tecido empresarial galego no actual escenario económico, contribuíndo ao seu impulso e recuperación tras a pandemia.
A situación de crise sanitaria ocasionada polo virus da covid-19 obrigou á adopción dunha serie de medidas en canto á mobilidade de persoas e ao exercicio de actividades sociais e económicas para conter o avance da epidemia, protexer ás persoas do risco de contaxio e garantir na medida do posible a continuidade da actividade económica e conseguintemente a protección do emprego. Estas medidas tiveron un forte impacto nas economía e nas empresas, especialmente as pemes, que tiveron que dedicar unha importante cantidade de recursos a superar a crise da covid-19.

MELLORA DA
COMPETITIVADE
Neste sentido, a convocatoria aspira a reforzar a posición de partida das pemes galegas de cara á mellora da súa competitividade e para abordar novos mercados. Un obxectivo enmarcado na propia filosofía do programa ReAcciona, que o Goberno galego vén desenvolvendo desde 2012, reforzando deste xeito a súa aposta pola economía circular.

PRAZO ABERTO
DE SOLICITUDES
Así, esta nova liña, cuxo período de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de novembro, diríxese á consecución de resultados, á aprendizaxe e á autonomía das empresas, que serán acompañadas durante todo este proceso. De feito, cada servizo consta sempre de tres partes: formación e sensibilización, análise e execución do plan de traballo.

CINCO SERVIZOS
Así, o ReAcciona covid-19 suma cinco novos servizos que atenden á situación económica xurdida da pandemia. As pemes galegas poderán acceder a prestacións especializadas no relativo á adecuación dos estados financeiros, á transmisión ou adquisición de unidades produtivas, á análise de mercados internacionais, á elaboración de plans estratéxicos de internacionalización e á implantación de procesos acordes á economía circular.

BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estes servizos as pequenas e medianas empresas, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica. Como mínimo, deben contar con tres traballadores. Así mesmo, os beneficiarios deben desenvolver a súa actividade en Galicia, tendo, como mínimo, un centro de traballo na Comunidade e a súa facturación en 2020 debe ser un 10% inferior á do ano precedente. Todos os servizos teñen un custo de 600 euros para o solicitante, sendo o seu valor de mercado de 10.000 euros. Deste xeito, o Goberno galego complementa o programa ReAcciona, unha iniciativa que ten facilitado ata a data o desenvolvemento de máis de 2.000 proxectos que permitiron mellorar a competitividade de 1.333 empresas galegas, mobilizando 10,5 millóns de euros.•

Men Checking Stock of Pastry in Bakery Shop

AS AXUDAS DO PLAN REACCIONA COVID-19 ABARCAN ATA CINCO SERVIZOS DIFERENTES

Os servizos para os que se poderá conceder axuda dentro do programa ReAcciona covid-19 son os seguintes:

a) Reestruturación financeira e adecuación de estados financeiros tras o impacto da covid-19 e os novos modelos de negocio.

b) Preparación para a transmisión ou adquisición de unidades produtivas.

c) Elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización da empresa ou sector ao novo escenario internacional.

d) Análise de mercados internacionais concretos en relación á nova situación motivada pola emerxencia sanitaria da covid-19 e as necesidades específicas do solicitante de cara á apertura ou permanencia en dito mercado.

e) Consultaría relacionada coa implementación de metodoloxías de traballo e procesos acordes aos principios da economía circular.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

SETE VOGAIS DO CRDO RIBEIRA SACRA RECLAMAN ANTE O VALEDOR DO POBO POLA IMPOSIBILIDADE DE CELEBRAR A MOCIÓN DE CENSURA SOLICITADA

Seguinte Nova

VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO LOGRA A VITORIA NAS PRIMARIAS DO PSDEG-PSOE

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss