Alta ocupación das rutas fluviais da Deputación pola Ribeira Sacra durante a ponte do Pilar e boas perspectivas para Santos

Ampliados ao 90% os aforos das embarcacións tras o cambio das disposicións autonómicas en materia de prevención da Covid. GCDL.

As rutas fluviais da Deputación de Lugo pola Ribeira Sacra foron un gran atractivo na ponte do Pilar, chegando practicamente a completarse as prazas dispoñibles. O embarcadoiro de Ponte do Sil recibiu 1.110 viaxeiros, o que supón un 97% de ocupación, e, por outra banda, a viaxe polo río Miño alcanzou o 85%, o que supón 381 viaxeiros. En conxunto, esta fin de semana gozaron preto de 1.500 persoas deste atractivo turístico cada vez máis demandado polas persoas que visitan este territorio.

AUMENTO NOS AFOROS
A boa evolución da pandemia de Covid-19 nas últimas semanas posibilitou que a Xunta de Galicia flexibilizase as restricións sanitarias, e iso posibilitou que a Deputación de Lugo puidera aumentar ao 90% os aforos dás embarcacións, ainda que mantéñense vixentes as restantes medidas de prevención e contención da Covid-19, como as distancias de seguridade, o uso de máscaras, a desinfección dos monocascos ou a hixiene de mans. Tamén se continuará evitando que se produzan concentracións de persoas nos embarcadoiros. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, valorou positivamente estes datos e destacou que “a ampliación do número de viaxeiros non chegou a cubrir a demanda».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A CASA DA CULTURA DE SARRIA ACOLLEU A ESTREA DO DOCUMENTAL «RESOANDO NO CAMIÑO FRANCÉS»

Seguinte Nova

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta do BNG para delimitar o Camiño de Inverno

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: