Incertas e rifadas preséntanse as eleccións primarias para liderar ao PSdeG, nas que o actual secretario xeral Gonzalo Caballero, enfróntase a un candidato alternativo forte e con apoios, como é o alcalde de As Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Ambos candidatos presentaron o número máximo de avais permitidos na convocatoria, 408, o que reflicte o forte apoio que teñen da militancia. Preséntanse estas eleccións nun momento cun PSOE que goberna en Madrid, reforzado tras o seu recente Congreso Federal, no que se escenificou a vixencia do seu proxecto socialdemócrata, e se asinou unha paz entre as diferentes sensibilidades socialistas, personalizada no abrazo entre Felipe González e Pedro Sánchez, e un PSdeG, que a pesar de ostentar un importante poder no ámbito local, viuse superado recentemente polo BNG, na súa pugna por converterse nunha alternativa a Feijoo.
Gonzalo Caballero, nun acto coa militancia monfortina sinalou “cada día atopo máis ilusión entre os compañeiros e as compañeiras. Cada día somos máis os e as que queremos seguir avanzando pola esquerda e non retroceder. Hai unha mobilización crecente da militancia socialista para apostar polo único proxecto gañador contra a dereita; cada día máis militantes se están activando e cargando as pilas”. Pola súa banda González Formoso en Chantada chamou “á participación da militancia nas Primarias do 30 de outubro para facer un PSdeG máis forte que poida ser a alternativa en Galicia”. Formoso avogou por “recuperar a ilusión” e incidiu en que “é posible construír un proxecto alternativo á dereita en Galicia, porque Galicia non ten cor política, é de quen a entenda e de quen a atenda”. Anunciou “unha campaña de ideas e propostas, en positivo, e sen confrontacións persoais xa que todos somos militantes, todos somos socialistas”. •
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
• Solicitan un Plan de recuperación de zonas de produción de cereais na comarca para paliar
Dende o PP consideran que A rede de estradas da Deputación é fundamental para a vertebración
Jose Rodríguez Fernández foi nomeado presidente da xestora do PP de Ribas de Sil co obxectivo
Julio Álvarez, unha das figuras históricas máis destacadas da política local no sur de Lugo, decidiu
A memoria é un dos distintivos que nos caracteriza como seres humanos, e permítenos distinguirnos do