BOAS NOTICIAS PARA O GOLF MONFORTINO: JOSE ÁNGEL PÉREZ REÑONES CAPITANEA A GALICIA PARA ALCANZAR O BRONCE NO CAMPIONATO INTERAUTONÓMICO DE PITCH& PUTT E O CLUB DE GOLF RÍO CABE SERÁ SEDE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DOBRES

Desde o mes de maio en que Jose Ángel Pérez Reñones se proclamou campión de España, todos son boas novas par o Golf monfortino. Especialmente para o Club Río Cabe. A volta das competicións, nun campo ampliado, que luce os seus 18 buratos en todo o seu esplendor, e que terá o privilexio de ser sede do próximo Campionato de España de dobres de Pitch&Putt. As datas inicialmente previstas para a súa celebración son os días 21 e 22 de maio de 2022. O presidente e verdadeiro alma mater do Río Cabe, considera toda unha honra e unha grande responsabilidade a concesión da organización deste torneo, que permitirá ver de preto á élite nacional do Pitch&Putt. Elite entre a que figura o propio José Ángel Pérez Reñones, que vén de capitanear á Selección Galega de Pitch& Putt que competiu recentemente no Campionato Interautonómico celebrado no Golf Sotoverde de Valladolid, no que logrou unha meritoria terceira posición. Ademáis de Reñones, no combinado galego formáron: Rubén García Romero, de Barbanza Pitch& Putt, Antonio Outeiriño López, de Miño C. G. Ártabro, Daniel Varela Tubio, do C. G. Val de Rois e Simón Daniel Varela Novoa, de Barbanza Pitch& Putt. Tras vencer en cuartos de final contra Murcia, o equipo galego non logrou derrotar á Federación da Rioxa en semifinais. A rolda final disputouna contra Canarias, vencendo cun resultado de 2-1 e finalizando así Galicia Terceira Clasificada, subíndose ao pódium e levándose o noso equipo as medallas de bronce. Os resultados logrados por Daniel Varela nos partidos individuais e Simón Daniel Varela/Rubén García nos foursomes foron os máis destacados. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta do BNG para delimitar o Camiño de Inverno

Seguinte Nova

A Gallaecia-AR World Championship 2021 na Ribeira Sacra foi todo un acerto

Últimas noticias sobre DEPORTES

Novo ciclo para o Club Lemos

O Club Lemos estrea directiva con Antonio López como Presidente. Unha das súas primeiras decisións foi nomear a Óscar Moure como Director
Ir aInicio

Don't Miss